Novas

COMPETICION

15 Nov 2021

Voltan os adestramentos!

Voltan os adestramentos!

Os clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren comezaron cos adestramentos de cara a tempada 2022

Case dous meses despois de rematar a tempada 2021 de traiñeiras en Portugalete, algúns clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren xa comezan a se prepararen para a seguinte tempada. Os clubs coñeceron as súas novas incorporacións, e xa encetaron os adestramentos da tempada 2022. 

Aínda quedan moitos meses por diante para o inicio dunha nova edición da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, mais os clubs non perden o tempo e xa comezaron cos seus preparativos. Uns meses longos de adestramentos para tratar de chegaren na mellor forma física posíbel á primeira regata da tempada. Para isto, por diante terán moitas horas de adestramento no ximnasio e sesións coa traiñeira, o que, canda os descensos de inverno, farán que os equipos cheguen á tempada o mellor posíbel.
 

Voltar