Novas

ESPECIAL

23 Nov 2021

Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Miren Garmendia o Trofeo á Mellor Patroa

Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Miren Garmendia o Trofeo á Mellor Patroa Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Miren Garmendia o Trofeo á Mellor Patroa

Basque Culinary Center foi o escenario dun evento no que os mellores patróns e patroas das dúas últimas edicións se puxeron a proba na cociña

Arkaitz Diaz, patrón de Donostiarra Amenabar, foi galardoado por segunda vez co Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank da Liga Eusko Label de mans de Ángel Garabieta, Director Comercial de CaixaBank en Euskadi. Canda el, Miren Garmendia, patroa de Hondarribia Bertako Igogailuak, recibiu o Trofeo á Mellor Patroa da Liga Euskotren por parte de Borja Rodrigo, presidente da ACT. Ademais dos trofeos, ambos patróns recibiron un cheque por valor de 3.000 €.

Antes da entrega, Asier Zurinaga recibiu o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank, que fica para si en propiedade despois de ter conseguido o galardón en tres ocasións diferentes. A última, na tempada 2020 con Santurtzi Transportes y Grúas Aguado. Nadeth Agirre, patroa de Orio AE, tamén recolleu a réplica do Trofeo, polo seu galardón na tempada 2020.

Do mar… á cociña!

Na antesala da entrega, os catro patróns e patroas encontráronse nos fogóns do Basque Culinary Center para decidir quen é o Mellor Patrón ou Patroa lonxe dunha traiñeira. Baixo a batuta da chef Marina Villa, os patróns e patroas dividíronse en dous equipos para elaboraren unha ensalada de tomate con ventresca, bacallao ao pil pil con terra de aceite, salicornia e chips de allo e unha pantxineta. Todo, co selo e a calidade de Eusko Label, patrocinador principal da competición.

Despois do paso pola cociña, o xurado formado por Borja Rodrigo e Ángel Garabieta, decidiron que tras o esforzo na cocina, todos e todas eran merecedores do premio e recibiron cadanseu curso para dúas persoas no Basque Culinary Center.


 

PALMARÉS MELLOR PATRÓN CAIXABANK

3 - Ioseba Amunarriz (2009, 2012 y 2017) e Asier Zurinaga (2011, 2013 e 2020).

2 – Endika Perez (2015 e 2016) e ARKAITZ DIAZ (2019 e 2021).

1 – Unai Oliden (2016), Vicente Carpintero (2014), Aitor Carrillo (2010), Irakoitz Etxeberria (2008), Ander Etxegoien (2018).

 

PALMARÉS MELLOR PATROA

2 – Nadeth Agirre (2019 e 2020).

1 - MIREN GARMENDIA (2021).

Voltar