ACT TV 2021

11 Dec 2021

A ACT ampliará a Liga Euskotren a 8 participantes

 A ACT ampliará a Liga Euskotren a 8 participantes

A mudanza efectuarase na tempada 2023 e incluiranse dúas traiñeiras galegas

Os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras aprobaron a proposta da Xunta Directiva para ampliar as participantes da Liga Euskotren. Actualmente, na competición feminina participan catro traiñeiras, todas elas guipuscoanas. A partir da tempada 2023, serán oito as traiñeiras que participen na Euskotren. 

Con esta mudanza aprobada polos socios, durante as tres primeiras tempadas, dúas das participantes na competición procederán da Liga Galega. Tamén aprobaron que cada participante da Liga Euskotren pague unha cota de inscrición. Por último, emprázase á Asemblea de xaneiro a aprobar o formato do Play Off da competición feminina correspondente ás tempadas 2022 e 2023.  


Mudanzas na normativa
Os socios da Asociación aprobaron mudanzas da normativa que afectarán de forma interna na organización das regatas.
 
Por último, os clubs da ACT tamén aprobaron a prórroga do Convenio de Colaboración vixente entre a ALN (Asociación Liga Noroeste) e a ACT, para extender a súa actual vixencia até o 31 de decembro do ano 2022.
 

Voltar