Novas 2022

COMPETICION

23 Xul 2022

Vitoria de infarto para Matrix Hondarribia

Vitoria de infarto para Matrix Hondarribia

A Ama Guadalupekoa superou a Urdaibai por 0.70 centésimas na XXI Bandeira Concello de Sestao

Matrix Hondarribia gaña a súa segunda bandeira da tempada tras superar nas últimas padas a Bermeo Urdaibai por 0.70 centésimas. Os patroneados por Joseba Amunarriz, que foi o mellor patrón da xornada, mantiveron unha loita constante coa Bou Bizkaia até a última pada. Por detrás, Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 non foi quen de manter o ritmo das dúas traiñeiras e consegue "in extremis" manter o liderado da Liga Eusko Label, mentres Orio Orialki chegou á meta na cuarta posición.

Na segunda quenda, o video finish tamén tivo que actuar con exactitude, xa que a chegada de Zierbena Bahías de Bizkaia e a local Kaiku Berez Galanta foi no mesmo momento. Ao final, foi favorábel para os galipos por 0,02 segundos.
 

Voltar