Novas

COMPETICION

03 Ago 2022

Festa do remo en Hondarribia

Festa do remo en Hondarribia Festa do remo en Hondarribia

Hoxe ás 12h do mediodía, na casa do Concello da cidade, foron presentadas as CATRO BANDEIRAS que na vindeira fin de semana se desputaran en Hondarribia e as actividades das "ARRAUN FESTAK" organizadas para o sábado e o domingo.

Coa presenza do tenente alcalde de Hondarribia Juan Maria Altuna, do Director Comercial de Mapfre en Gipuzkoa Miguel Aguado e do Presidente do Club Joxemi Elduayen, procedeuse ao acto de presentación.
 
O presidente hondarribitarra explicou en primeiro lugar os aspectos máis técnicos da regata e sobre todo fixo fincapé no grande esforzo que supón para a cidade organizar estas catro regatas en pleno mes de agosto cando Hondarribia se atopa totalmente chea de xente. 
 
Igualmente, e despois de dous anos de regatas sen público con motivo da pandemia, fíxose un chamado para que a afección acuda en masa para animar os remeiros e remeiras e a que Hondarribia se engalane de verde para recibir os afeccionados do resto de clubs participantes.
 
Hondarribia está totalmente preparada para recibir na fin de semana todos os remeiros e remeiras, así como a todos os afeccionados ao remo. Nese sentido, grazas á colaboración do Concello de Hondarribia, do club de Remo Local e de diferentes empresas, Asociacións e Sociedades Populares organizouse un amplo programa de actividades dentro das "ARRAUN FESTAK"
 
A seguir, en orde cronolóxica os horarios das regatas da fin de semana:

Sábado 06:

17.40: "NESKEN ONDOAN BANDERA" (Liga Euskotren),
18.13: "HONDARRIBIKO XXXV BANDERA – GRAN PREMIO MAPFRE" (Liga Eusko Label).


Domingo 07:

10.00: "XIV TXINGUDIKO BANDERA" (Liga ETE)
11.30:  HONDARRIBIKO ARRANTZALEEN KOFRADIAKO XVI BANDERA. (Liga ARC1).

Voltar