Novas 2022

COMPETICION

30 Ago 2022

Deica logo Ares

Deica logo Ares

Foi unha fin de semana con sensacións agridoces para a Santa Olalla. Despois dunha tempada irregular, e chegando á regata da súa vila, CR Ares non deu impedido o peor desenlace posíbel, e descende da Liga Eusko Label. Na súa cuarta tempada na máxima categoría, terceira consecutiva a competir na Liga Eusko Label, Ares non puido eludir o décimo segundo posto da clasificación. 

Despois do seu ascenso e descenso no primeiro ano (2017), na tempada 2020 voltaba á Liga Eusko Label, e despois de dúas boas tempadas (10º e 9ª posición), na súa terceira tempada non deu superado a ningún rival na clasificación xeral, certificando así o seu descenso á LGT. Esta temporada, a Santa Olalla ofreceu dúas versións diferentes, e faltou regularidade. Por unha banda, ofreceu unha boa versión en algunhas regatas, como o quinto posto na regata de Santurtzi, ou o sexto en Ondarroa, mais por outra banda, o último posto nas últimas semanas, condenouno a esa derradeira posición.

Esta fin de semana, a Santa Olalla recibiu o apoio da súa afección, incondicional até o último momento, e de seguro que, con ese apoio, CR Ares competirá no vindeiro ano na LGT, coa clara intención de voltar o antes posíbel á elite do remo de banco fixo.

Voltar