Novas

COMPETICION

21 Out 2022

Galardoados o mellor patrón e a mellor patroa da tempada

Galardoados o mellor patrón e a mellor patroa da tempada Galardoados o mellor patrón e a mellor patroa da tempada

Ander Etxegoien e Nadeth Agirre reciben cadanseus Trofeos que os acreditan como Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa EiTB Saria

Nun acto que decorreu esta tarde no Aquarium de Donostia, Ander Etxegoien e Nadeth Agirre recibiron os Trofeos e cheques como Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa EiTB Saria da man de Ángel Garabieta, Director comercial de Caixabank en Euskadi e Isabel Octavio, Directora de Estratexia e Comunicación Corporativa da EITB. 
 
Tras realizaren unha visita especial, e coñeceren as entrañas e os laboratorios do Aquarium, os dous patróns de Orio Orialki, canda os representantes dos patrocinadores, tiveron a oportunidade de acomeraren os seres vivos do acuario donostiarra. Así que rematou a visita, realizouse a entrega tanto dos Trofeos como dos cheques de 3.000€ ao gañador e á gañadora. 

Ander Etxegoien, de Orio Orialki, recibía por segunda vez o galardón de Mellor Patrón CaixaBank da man de Angel Garabieta. Por outra banda, Nadeth Agirre é a terceira vez que recibe este galardón no final da tempada, e facíao da man de Isabel Octavio. Así, a patroa guipuscoana segue en graza con este Premio, xa que o gañou en tres das catro edicións desputadas.   

 
PALMARÉS MELLOR PATRÓN CAIXABANK
3 - Ioseba Amunarriz (2009, 2012 e 2017) e Asier Zurinaga (2011 e 2013, 2020).
2 – Endika Perez (2015 e 2016), Arkaitz Diaz (2019 e 2021) e Ander Etxegoien (2018 e 2022).
1 – Irakoitz Etxeberria (2008), Aitor Carrillo (2010), Vicente Carpintero (2014) e Unai Oliden (2016)
 
PALMARÉS MELLOR PATROA
3 – Nadeth Agirre (2019, 2020 e 2022)
1 – Miren Garmendia (2021)
 

Voltar