ACT TV 2023

ESPECIAL

26 Xul 2023

As mellores traiñeiras competirán no novo campo de Getxo

As mellores traiñeiras competirán no novo campo de Getxo

A xornada da Liga Euskotren comezará ás 17:30 horas e a da Liga Eusko Label Liga ás 18:20 horas

Este sábado despútase un dos encontros clásicos do verán da Liga Eusko Label e Liga Euskotren, a regata de Getxo. O encontro servirá para que as traiñeiras da Liga Euskotren volten competir tras a súa fin de semana de descanso e comecen a afrontar a segunda parte da tempada, coas últimas oito xornadas do seu calendario. Ademais farano no campo de regatas que a tempada pasada se inaugurou na máxima categoría do remo de banco fixo, a carón do porto novo.        

Esta mañá presentaronse no porto deportivo de Getxo as dúas bandeiras que estarán en xogo o sábado a partir das 17:30 horas; a Getxoko Estropaden XLV. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia, da competición masculina a a Getxoko XV. Ikurrina - J.A. Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia da competición feminina. Ao acto asistiron Amaia Agirre, alcaldesa da localidade biscaína, Borja Rodrigo, presidente da ACT, Álvaro Cerezo, Director do Porto Deportivo de Getxo e Mónica Lemona, representante de Getxo Arraun Elkartea.   

"Este ano celebramos a edición 45 da nosa regata e convido a toda a cidadanía e a todas as persoas que nos visiten, a que veñan e gocen deste evento inigualábel que é un valor do noso municipio", sinala a alcaldesa. 
 
Pola súa banda, Borja Rodrigo salientou a importancia que ten Getxo no calendario das nosas competicións. "É unha grande ocasión para gozar dunha espectacular xornada tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren, nunha contorna perfecta para as regatas", comentou o presidente da ACT.
 

Voltar