Novas 2025
ASOCIACION
09 Mai 2025
Laudo Arbitral
Con data 31 de marzo de 2025 foi dictada resolución do Xuíz de Disciplina da ACT, no expediente disciplinario nº 1/2024, en virtude do cal e dacordo ao disposto no artigo 17 do Regulamento Disciplinario da ACT, se impuxo unha sanción ao remeiro D. Cristian Garma consistente na expulsión temporal da Asociación, non podendo incorporarse á ACT por un período de dous anos, así como a imposición dunha multa de 1.500 euros, sendo responsábel subsidiario o Club San Pedro Harria con cargo ás fianzas depositadas na ACT.
Na mesma resolución impúxose ao Club San Pedro Harria a súa expulsión temporal da Asociación, por un período dun ano, así como a imposición dunha multa de 4.000 euros sendo responsábel con cargo ás fianzas depositadas na ACT.
Porén, esta resolución resultou recorrida en tempo e forma, só polo club San Pedro Harri, ante o Arbitro da ACT, quen logo do procedemento arbitral correspondente seguido baixo o número 01/2025, con data de 27 de abril de 2025 dictou Laudo polo que se anula parcialmente dita resolución, apenas na parte relativa á sanción imposta ao Club San Pedro Arraun da resolución do Xuíz Único de Disciplina de data 31 de marzo de 2025, por considerar que dita resolución foi dictada fóra dos prazos máximos estabelecidos polo Regulamento de Disciplina e foi aplicado un tipo sancionador que non se corresponde cos feitos descritos.
Pola súa parte, a sanción imposta ao deportista, que a día de hoxe resulta firme, é consecuencia da obtención dun resultado adverso ao se detectar a existencia dunha substancia prohibida na Lei Orgánica 11/2021, nun control efectuado durante a desputa da Ikurriña de Getaria (25-08-2024).