Novas 2026
ASOCIACION
19 Ago 2026
Zarautz, a dobre xornada volverá pechar a Liga Euskotren
Esta mañá foron presentadas as Ikurriñas de Zarautz que estarán en xogo na fin de semana.
O acto de presentación realizouse ao pé do Hotel Ur Bare, perto do campo de regatas, coa presenza de Nagore Arruti, presidenta de Zarauzko Arraun Elkartea; Inaxio Illarramendi, concelleiro de Deportes de Zarautz; Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz e Borja Rodrigo, presidente da ACT.
No sábado, a primeira xornada da XVIII. Zarauzko Ikurriña comezará ás 17:25, coa regata da Liga Euskotren. Despois de concluídas as dúas quendas da competición feminina, será a quenda da competición masculina e ás 18:21 horas comezará a primeira quenda da Liga Eusko Label.
No domingo a xornada de clausura da Liga Euskotren comezará ás 11:20. Despois de concluída a competición feminina, dará comezo a xornada da competición masculina, ás 12:21 horas coa segunda xornada da XLIX. Zarauzko Ikurriña.
Fan Zone
A Fan Zone estará instalada, máis un ano, en Lege Zaharren Enparantza, en Zarautz. Antes, durante e despois da xornada dupla da Ikurriña de Zarautz os siareiros poderán desfrutar dunha experiencia única. Tanto no sábado como no domingo poderanse degustar produtos Eusko Label e tirarse fotografías cos trofeos que gañarán os campións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Tamén será instalada unha pantalla xigante, para non perder detalle da Ikurriña de Zarautz.


