CR CABO DA CRUZ

Historia

Patrocinadores do club
  • RIANXEIRA
  • JEALSA
  • WE SEA
  • Concello Boiro
  • XUNTA DE GALICIA
  • Deporte Galego
  • Abanca
  • Non a violencia
  • Deputación da Coruña
  • Mejillón de Galicia
  • Chicolino
  • Tarrio y Suarez
  • Ironor
  • Brico SYL
  • NAUXAK
  • Asteleiros Triñanes
  • Petrocash
  • ANGEL MAR
  • Barrañamar
  • Chicolino eventos
  • Abadia San Enrique
  • Talleres Piñeiro
  • Rio Blanco
  • Rebeca Ozores
  • Brincos
  • Magallanes
  • Autos R. Outeiral
  • HISPANIA
  • EXCOM
  • Ekogal
  • Contrata seguro

O Club de Remo Cabo da Cruz fúndase no ano 1979. Nese mesmo ano iniciouse a construción do que posteriormente sería a súa sede social até 2019. É durante a tempada 1980 cando o club se inicia no mundo da competición, e durante dez anos será un dos referentes do remo galego.

Durante os seus anos de funcionto, ten o mérito de ser o mellor club da zona territorial Norte da Federación Galega de Remo. A nivel estatal, conta con nove participacións en campionatos de España de traiñeiras, entre os que destaca o de 1989, no que conseguiu un meritorio cuarto posto.

Nos seus primeiros anos de vida, a traiñeira foi a embarcación por excelencia á que o club dedicou todos os seus esforzos. O club asistiu ao nacemento de moitas bandeiras do antigo calendario de remo, tales como a Bandeira Conde de Fenosa, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Bandeira de El Corte Inglés ou a Teresa Herrera, algunhas das cales aínda se celebran hoxe en día, conseguindo inscribir o seu nome entre os vencedores.

A partir de 1990, o club sufriu a súa primeira crise de deportistas. O nivel de competición que se comezaba a dar tanto no remo nacional como no estatal esixía un maior sacrificio por parte dos remeiros, adestramentos máis duros e serios, e coa supervisión de adestradores que coñecesen ben os pormenores deste deporte.

Por outro lado, a dependencia económica de institucións públicas non permitía ao club conseguir medios suficientes para renovar as embarcacións: novas traiñeiras máis competitivas, evolucionando da madeira ao poliéster, pasando por fibras mixtas, até chegar ás actuais embarcacións de carbono. Esta falta de axudas, xunto coa imposibilidade de atopar un patrocinador na bisbarra e coa dependencia económica dos premios obtidos cada tempada, provocou unha nova crise que en 1992 obrigou o club a permanecer pechado durante toda a tempada.

A finais de 1993 prodúcese unha mudanza na directiva, que por primeira vez formula un proxecto serio de fomento da canteira mediante un convenio subscrito co Concello de Boiro, dando lugar á Escola Municipal de Remo. Preparouse un proxecto de adecuación e mellora das instalacións, programouse a renovación das embarcacións para adaptarse ás necesidades da competición e traballouse na diversificación das actividades do club, coa intención de ofrecer aos remeiros outro tipo de experiencias complementarias ao remo.

O resultado deste proxecto deu froitos a partir de 1998, cando o club comezou a obter excelentes resultados nas categorías inferiores, tanto en campionatos galegos como estatais, acadando numerosas medallas en bateis e traiñeiriñas.

O ano 2003 pasará á historia do Club de Remo Cabo da Cruz porque é cando se constitúe a Liga ACT, da cal Cabo da Cruz forma parte durante seis anos consecutivos, tendo que renunciar en 2009 debido á imposibilidade de afrontar económica e deportivamente unha tempada tan esixente. De 2009 até 2013 competiu na Liga Galega de Traiñeiras, conseguindo o título de campión en 2009. Na tempada 2013 recupera o dereito a participar na máxima categoría do remo despois dun axustadísimo play-off de ascenso.

En 2014, com 128 puntos, a traiñeira de Cabo acabou 4ª na clasificación xeral.

A tempada 2015 foi un encadeamento da anterior. Competiu por voltar estar cos mellores na primeira quenda, pero non o conseguiu. Tras loitar con San Juan toda a tempada polo 5º posto, os de Pasaia impuxéronse, obtendo Cabo da Cruz a 6ª posición na clasificación xeral. O mellor posto nunha regata de Cabo foi un 2º, na regata da casa.

No 2016, conseguiuse un discreto oitavo posto na clasificación xeral, sendo o mellor resultado o terceiro lugar, logrado en augas de Pasajes.

Na tempada seguinte, 2017, a traiñeira rematou décima a Liga, co cuarto posto na X Bandeira Concello de Ares como mellor resultado. 

En 2018 conquistouse a sexta posición na clasificación xeral, sendo oitava en 2019, sétima en 2020, e oitaba en 2021 e de novo en 2022. No 2023 recuperouse o sexto posto a final de tempada e en 2024 a posición da nosa traiñeira no remate da liga foi novena.