KAIKU BEREZ GALANTA
Historia
No barrio sestaoarra de Simondrogas, a carón do río Galindo e por iniciativa dun grupo de amigos encabezados por Kepa Barrondo y Garay, creouse en 1923 a Sociedade Deportiva Kaiku adoptando como distintivo as cores verde e negra que no decorrer de máis de medio século serían exhibidos a bordo, primeiro da 'Juanita' e sucesivamente da 'Kaikutarra', 'Bilbotarra', 'Bizkaiko Ama', 'Cincuentenaria' e 'Bizkaitarra.
O club de remo Kaiku é mundialmente famoso polas numerosas vitorias que conseguiu ao longo da súa historia. Sendo durante moitas tempadas o campión indiscutíbel neste deporte, tal e como amosan os títulos conseguidos até o momento. Non foi até 2009 cando Kaiku debutou na máxima categoría, ocupando os dous primeiros anos o décimo e noveno posto respectivamente. A partir de 2011 o dominio dos sestaotarras foi total, gañando 28 bandeiras e tres coroas consecutivas. Isto fixo que os da ‘Bizkaiatarra’ levaran para si a Coroa La Caixa en propiedade.
No 2015, Kaiku mantivo unha intensa loita con San Juan por se consagrar na quenda de honra na que saíron victoriosos. Na clasificación xeral conseguiu rematar na 4º praza, mentres que foi capaz de conseguir unha das bandeiras máis complicadas da Liga San Miguel, a bandera de Zarauz.
No 2016, os de Sestao clasificáronse por detrás dos dous clubs que pugnaron desde o primeiro día pola Coroa CaixaBank, e aínda que non conseguiu bandeiras, logrou varios segundos postos durante a tempada.
A de 2017 foi unha intensa tempada en que Kaiku acabou no cuarto posto. Non deron levado ningunha bandeira pero tampouco deixaron respirar os demais clubs, cada regata foi unha loita até a liña de meta.