SD TIRÁN PEREIRA

Historia

Patrocinadores do club
  • Xunta de Galicia FDG
  • Pereira
  • Deputación Pontevedra
  • Concello de Moaña
  • Abanca
  • Galicia Saudable
  • Deporte Galego
  • Xacobeo

O máximo esplendor do remo en Galiza chega na década dos sesenta, coa conquista de dous Campionatos de España acadados co nome de Educación e Descanso de Moaña, primeiro cunha tripulación de Meira no 1960 e outra de Tirán no 1961.

Do 1979 en diante o remo volta a través da fundación de clubs como o C.R. San Juan de Tirán, Nosa Sra. Dos Remedios de Tirán, e outros moitos en toda Galiza abrindo con isto unha nova etapa chea de éxitos no remo galego. Foi por 1993 cando os dous clubs da parroquia de Tirán deciden fusionárense nacendo o que agora é a Sociedade Deportiva Tirán.

Froito daquel traballo por parte de todo o equipo de integrantes desta entidade chegan os resultados, mellorando as previsións máis optimistas. Tres anos despois do seu nacemento a SD Tirán perfílase como un dos grandes do momento chegando a ser campión de España de traiñeiras no 1996 e 1997 e subcampión no 1998, 2000 e 2001. Na Concha tamén fixemos boas regatas sendo segundos en 1996 e terceiros no 2000 e 2012.

Socio fundador da ACT, estivemos presentes nas edicións 2003 e 2004, e do 2008 ao 2018. Ademais, lográronse catro bandeiras: Orio (2011), Castro (2012) e Portugalete e Moaña (2013).

O 2018 foi un ano de mudanza xeracional de remeiros e de dirección deportiva. Tardamos en acadar un bo nivel competitivo, o que nos penalizou o comezo de tempada; remontamos, mais non foi abondo para evitarmos o descenso.

No 2020 voltamos co proxecto encetado no 2018, xa consolidado, logrando de novo o ascenso á ACT. No 2021, a Mar do Con no seu regreso á Liga Eusko Label non consegue saír dos Play Offs, con 55 puntos. Non tiveron a mesma fortuna que o ano anterior, e fican ás portas de poderen continuar na Liga Eusko Label.