AMENABAR DONOSTIARRA
Historia
A iniciativa que deu lugar á fundación do club Kaiarriba-Donostiarra en 2007 é herdeira de todas aquelas traiñeiras que competiron co nome da nosa cidade ao longo da historia do remo. As pioneiras foron cuadrillas de pescadores comandadas por patróns míticos, entre os que salientan Luis Karril e Kiriko, que obtiveron os primeiros triunfos para Donostia. O testemuño daquelas primeiras cuadrillas foi recollido por diversas sociedades donostiarras e, logo destas, os modernos clubs de remo.
O dato é sorprendente: son 10 as sociedades e clubs donostiarras que xa participaron nalguna ocasión na Bandeira da Kontxa, é indudidábel que o remo sempre constituíu unha forza dinámica e con iniciativa na nosa cidade. Entre os logros obtidos por todas estas cuadrillas, sociedades e clubs, destacan 14 Bandeiras da Kontxa, 2 Campionatos de España e 1 Campionato de Euskadi. Porén, no fin da década de 1990, os clubs históricos comezaron a ter dificultades e os resultados decaeron durante varios anos. Vendo que os esforzos e recursos da cidade se dispersaban, diferentes sensibilidades da sociedade donostiarra comezaron a valorizar a conveniencia dunha traiñeira unificada. Como resposta a esta vontade, no 2007 formalizouse o club Kaiarriba-Donostiarra, através dun convenio entre UrKirolak, Donostia Arraun Lagunak e máis o Concello de San Sebastián. Deste xeito crease unha traiñeira unificada que representa a cidade e reúnense os remeiros destes clubs de Donostia, a quen se unen tamén, posteriormente, os de Fortuna e Kiriko.
Donostiarra sempre traballará arredor de dous eixos fundamentais: pelexar por acadar obxectivos deportivos, e seguir elevando a esixencia e a calidade destes logros. Para isto, é preciso fomentar unha base sólida de remeiros da casa, e atraer e reunir os recursos materiais, económicos, persoais e deportivos da cidade cara a nosa traiñeira. Por outra banda, no ámbito social, traballar para que os afeccionados se aglutinen arredor do noso proxecto de Donostiarra e para que todos os donostiarras no xeral se sintan identificados coas nosas cores e a nosa traiñeira. En definitiva, queremos tornar a Donostia ao lugar que se merece no remo, e queremos ser un referente deportivo e de imaxe da nosa cidade.
Na súa cuarta participación na Liga Eusko Label, os donostiarras conseguen varias fazañas. Primeiro, a vitoria na Bandeira Barbanza Arousa, depois, mantérense na quenda de honra da Liga Eusko Label, e finalmente obteñen a súa mellor puntuación na clasificación da Coroa CaixaBank, con 176 puntos.