Novas 2011

COMPETICION

13 Xul 2011

A COROA MAPFRE EXHÍBESE EN SANTANDER

A COROA MAPFRE EXHÍBESE EN SANTANDER

A Coroa Mapfre, obra do escultor lasartearra Miguel Ángel Oribe, exhibirase a partir de este mércores, 13 de xullo na oficina de Mapfre situada na R/ Pedrueca, 3-5, Santander.

Este trofeo ficará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante 3 anos consecutivos ou 5 alternos. Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o baleirado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que rompen a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.

A Coroa Mapfre, coas súas 14 siluetas baleiras e a súa forma en círculo, representa unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso a súa forxa en ferro, como os músculos das tripulacións que en verán enchen as nosas augas.

Gañadores da Corona Mapfre:

2003 Astillero
2004 Urdaibai
2005 Astillero
2006 Hondarribia
2007 Urdaibai
2008 Urdaibai
2009 Castro
2010 Urdaibai

Voltar