Novas 2012

COMPETICION

28 Ago 2012

A COROA MAPFRE EXPOSTA EN BERMEO

A COROA MAPFRE EXPOSTA EN BERMEO

A Coroa Mapfre estará exposta en Bermeo durante esta semana, concretamente, na oficina de Mapfre situada en Artieda Tar Iñigo, 2.

O Trofeo que o campión da Liga San Miguel levará ao final da competición estará en Bermeo ata o 15 do setembro para que todos os afeccionados ao remo e á arte poidan gozar desta magnífica obra do escultor lasartearra Miguel Angel Oribe, unha obra de arte creada no ano 2005 para a mellor traíña da costa cántabro-atlántica.


A Coroa Mapfre quedará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante 3 anos consecutivos ou 5 alternos. Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o baleirado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que rompen a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.


Ademais, o obxectivo desta "Coroa Mapfre" era que esas 14 siluetas baleiras, esa forma en círculo, representase unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxada con ferro, como os músculos das tripulacións que en verán enchen as nosas augas.


Gañadores da Coroa Mapfre:


2003    Astillero

2004    Urdaibai

2005    Astillero

2006    Hondarribia

2007    Urdaibai

2008    Urdaibai

2009    Castro

2010    Urdaibai

2011    Kaiku

Voltar