ACT TV 2018
ESPECIAL
08 Ago 2018
A Eusko Label Liga chega a Hondarribia
A máxima competición do remo regresa outro ano á localidade do Bidasoa, onde teñen estado en todas as edicións
A Eusko Label Liga desembarcará domingo en Hondarribia para a desputa da XXXI. Hondarribiko Bandera - Mapfre Sari Nagusia a partir das 11:45 horas.
Trátase dun encontro que non faltou no calendario da ACT dende a súa fundación no ano 2003 e que polo tanto se convertiu xa nunha regata clásica no mundo do remo. Una regata que se desputa no formato de liña con dous longos e unha ceavoga no caso das mozas e catro longos e tres ceavogas no caso dos mozos.
Na presentación que tivo lugar esta mañá no consistorio hondarribitarra estiveron presentes Joxemi Elduayen, Presidente de GO fit Hondarribia, Txomin Sagarzazu, Alcalde de Hondarribia e Miguel Aguado, de Mapfre.