ACT TV 2014

CLUBS

13 Mar 2014

"A nosa grande virtude é ter un vestiario tan unido"

"A nosa grande virtude é ter un vestiario tan unido"

José Luis Cruces 'Garru', adestrador de Astillero, quere esta tempada "comezar un punto por riba do ano pasado e dar un pasiño máis"

Astillero fará este ano a súa oitava tempada na máxima categoría. Oito anos nos que conseguiu imporse en dúas ocasións na clasificación xeral con un total de 28 bandeiras. Precisamente o seu último triunfo chegou en 2010 en augas de Portugalete, mais dende entón resistíuselle. E iso que no ano pasado accederon até en tres ocasións a postos de honra. "Este ano agardamos comezar un punto por riba do que comezamos o ano pasado para non ficarmos tan descolgados e optar así a estar entre os oito primeiros. Pese a isto, o obxectivo principal é salvar a categoría e, de poder ser, dar un paso máis. É ben certo que este ano a la Liga San Miguel haberá aínda máis nivel e as diferenzas serán mínimas, polo que cómpre coidar todos os detalles", explica o adestrador de Astillero, José Luis Cruces 'Garru'.

Á hora de definir o seu equipo, explica que "somos un pouquiño mestura de todo, temos moita mocidade, que nos dá moita chispa, e veteranía, que nos aporta a experiencia. Mais sobre todo, a nosa grande virtude é ter un vestiario tan unido". Tamén aproveita para dar o seu punto de vista sobre a situación que está a vivir o remo en Cantabria. "O futuro do remo cántabro véxoo moi negro porque as institucións públicas cada vez axudan menos e nun deporte como o remo iso é un factor moi importante", conclúe 'Garru'. 

)

Voltar