Novas 2011

COMPETICION

29 Xu˜ 2011

A RIA CONVÍRTESE NESTE DOMINGO NO ESCENARIO DA III BANDEIRA DE BILBAO, INCLUÍDA NA LIGA SAN MIGUEL

A RIA CONVÍRTESE NESTE DOMINGO NO ESCENARIO DA III BANDEIRA DE BILBAO, INCLUÍDA NA LIGA SAN MIGUEL

- Tamén se disputará a competición feminina da Bandeira El Correo, correspondente á Liga Euskotren

- Ambas as dúas probas contan co patrocinio do Concello de Bilbao.

Bilbao, 29 de xuño de 2011. A Ría de Bilbao convírtese este domingo no escenario da III Bandeira de Bilbao, proba incluída na Liga San Miguel de traíñas - Coroa Mapfre. Tamén se disputará a Bandeira El Correo, regata correspondente á Liga Euskotren. Na presentación estiveron presentes:

Ambas as dúas probas, que contan co patrocinio do Concello de Bilbao, terán como punto de saída e de chegada a zona da Ría situada frente ao peirao de Uribitarte. Dende acá, as embarcacións dirixiranse pola Ría abaixo até as inmediacións da Botica Vieja (1.389 metros), onde realizarán as ceavogas.

No caso da regata feminina da Bandeira El Correo -- segunda xornada da Liga Euskotren -- , cuxo comezo está previsto para as 12h00, o percorrido incluirá dous longos e unha ceavoga (2.778 metros) baixo o sistema de contra o reloxo individual, e contará coa participación das catro tripulacións clasificadas no grupo B: Bizkaia, Getaria-Tolosa Hondarribia e San Juan Iberdrola.

A continuación disputarase a proba masculina da III Bandeira de Bilbao, correspondente á terceira xornada da Liga San Miguel da Asociación de Clubs de Traíñas (ACT). Neste caso, a regata terá catro longos e tres ceavogas, cun percorrido total de 5.556 metros.

A proba celebrarase tamén baixo o sistema de contra o reloxo individual, coa participación das 12 traíñas de Astillero, Camargo, Castro, Hondarribia Orsa, Kaiku Ambilamp, Orio Amenabar, Pedreña, San Juan Iberdrola, San Pedro Ecolmare, Tirán Pereira, Urdaibai Umpro Avia e Zumaia Altuna y Uria.

Para facilitar a celebración da proba, as traíñas competirán en tres quendas, cuxa composición depende dos resultados que acaden na tarde do sábado na Bandeira Valle de Camargo, correspondente á segunda xornada da Liga San Miguel. Aproveitando a presentación realizouse tamén o sorteo para a confección de quendas da regata do sábado en Camargo:

1ª Quenda: Kaiku Ambilamp, Camargo, San Pedro Ecolmare y Tirán Pereira.
2ª Quenda: San Juan Iberdrola, Orio Amenazar, Hondarribia Orsa y Astillero.
3ª Quenda: Castro, Zumaia Altuna y Uria, Pedreña y Urdaibai Umpro Avia.

Fotografia: JR Brizuela


Voltar