ACT TV 2015

ESPECIAL

01 Abr 2015

A sexta velocidade do remo

A sexta velocidade do remo

O banco móbil é unha modalidade olímpica de remo que se practica por todo o mundo e no que a velocidade e explosividade son dúas das notas dominantes

Malia non ser a modalidade máis coñecida, son moitas as regatas que se disputan ao longo da tempada na modalidade de banco móbil. Unha modalidade moi completa e pola que apostan moitos clubs para formar a o seu futuro máis próximo. Unha das grandes diferenzas é que o banco móbil practícase por todo o mundo e estamos ante unha modalidade olímpica.

Esta disciplina, a diferenza das traíñas da Liga San Miguel, dadas as prestacións das súas embarcacións, debe ser praticada en augas tranquilas e a velocidade é unha das notas máis características. Dentro do banco móbil atopamos diferentes embarcacións que van do skiff, no que só vai un remeiro, ao 8+, no que van oito remeiros e o timonel. De todo isto fálanos hoxe Miguel Ángel Millares, preparador da sección de banco móvil do equipo senior masculino de Orio Babyauto, e un dos participantes o vindeiro sábado da XVI Regata Internacional

Voltar