Novas 2015

COMPETICION

28 Ago 2015

Adeus ao segundo bloque da tempada

Adeus ao segundo bloque da tempada

Este fin de semana desputaranse as dúas derradeiras xornadas do segundo bloque da tempada: a VI Bandeira de Bilbao o sábado e a XXXII Bandeira Petronor no domingo

A tempada regular da Liga San Miguel chega ao seu fin coa desputa da décimo sexta e décimo sétima xornadas do calendario. O sábado vaise pór en xogo a VI Bandeira de Bilbao e o domingo, Zierbena acollerá unha nova edición da Bandeira Petronor. Coa desputa destas dúas xornadas darase por concluído o segundo bloque da competición. Tras este fin de semana, só restarán as dúas xornadas finais da Liga San Miguel, onde competirán os 8 primeiros da clasificación xeral e os participantes do playoff, o vindeiro 19 e 20 de setembro.

A composición das quendas para estas dúas regatas farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, que chega do seguinte xeito: NT2 Hondarribia segue no liderado con 172 puntos, seguido por Urdaibai Avia e Orio Babyauto, con 154 e 134 puntos respectivamente. Kaiku Producha pecha a quenda de honra con 120 puntos. San Juan Iberdrola situase na quinta posición con 109 puntos, seguido moi de perto polas embarcacións galegas de Tirán Pereira, con 108, e Cabo, con 105. San Pedro Ecolmare trata de se agarrar a este grupo perseguidor con 96 puntos. Por último, na primeira quenda, Astillero chega na novena posición con 66 puntos, seguido por Zierbena Bahías de Bizkaia con 56 puntos. Portugalete Eulen e Samertolameu Rodman Group pechan a clasificación con 31 e 19 puntos respectivamente.

No que respecta ao Trofeo "la Caixa" ao Mellor Patrón, Irakoitz Etxeberria, de Orio Babyauto lidera a clasificación con 17 puntos, seguido moi de perto por Gorka Aranberri, de Urdaibai Avia, con 13 puntos. Na terceira posición temos a Jon Ormazabal e Endika Pérez, patróns de San Juan Iberdrola, con 12 puntos.

O sábado a partir das 18:00 horas desputarase a sexta edición da Bandeira Bilbao. Catro delas formaron parte do calendario da Liga San Miguel, onde houbo catro gañadores distintos: Orio Babyauto en 2007, Castro en 2008, Kaiku Producha en 2011 e NT2 Hondarribia na tempada pasada. Precisamente, o ano pasado, a embarcación patroneada por Ioseba Amunarriz marcou o mellor tempo deste campo na Liga San Miguel, parando o crono en 19'34"54. A diferenza máis pequena entre os dous primeiros clasificados aconteceu no 2008, cando Castro sacou unha vantaxe de 1"21 sobre Orio Babyauto na meta. E a diferenza máis alta tivo lugar no 2007 cando NT2 Hondarribia chegou á meta 13"32 despois de Orio Babyauto. No 2012 desputouse a IV Bandeira de Bilbao dentro do calendario da competición, e a vitoria foi para NT2 Hondarribia, con un tempo de 20'33"50, pero esta regata non foi puntuábel para a clasificación xeral.

O domingo ás 12:00 horas chegará o turno da XXXII Bandeira Petronor, que se desputará en augas de Zierbena. NT2 Hondarribia venceu en 2012 con un tempo de 20'18"24, avantaxando en 4"42 ao segundo clasificado, Tirán Pereira. O ano pasado porén, viviuse un final de regata moi apertado, onde Urdaibai Avia, con un rexistro de 19'24"42, mellorou en 0"32 o tempo en meta de NT2 Hondarribia. 

Voltar