Novas 2014

COMPETICION

29 Xul 2014

Ao paso do ecuador da Liga San Miguel (e II)

Ao paso do ecuador da Liga San Miguel (e II)

O vindeiro fin de semana chegan os encontros chave da tempada para dilucidar as grandes incógnitas na loita pola Coroa “la Caixa”

Chegados ao ecuador dunha vibrante tempada, non hai que parar no camiño e mirar cara atrás. É tempo de mirar cara adiante e pensar nos seguintes retos que deparará a Liga San Miguel. A tempada continúa a bo ritmo e aínda hai moita tea que cortar na segunda metade da competición. A primeira proba á que terán que se enfrontar as tripulacións será o retorno a augas galegas. O sábado 9 de agosto porase en xogo a XXXII Bandeira Concello de Moaña e o domingo 10 disputarase XXIV Bandeira Concello de Boiro. Estas dúas regatas viviranse con unha grande tensión, xa que como din os remeiros, “alí todo pode pasar”.

Unha vez se volte saír de terras galegas, disputarase un dos grandes encontros da tempada, a dobre xornada de Zarautz, onde se comezará a ver con un pouco de claridade como pode ser o desenlace da Liga San Miguel. Acto seguido, teremos unha fin de semana no que se porán en xogo a Bandeira organizada por Astillero o sábado e a Hondarribiako XXVII. Bandeira o domingo, en casa do actual líder Hondarribia Orsa. O fin de semana do 30 e 31 de agosto a competición trasladarase de novo a Bizkaia para a disputa da XXXIII Bandeira Nobre Vila de Portugalete e a V Bandeira de Bilbao.

Neste punto rematará a tempada regular para alguns dos equipos da Liga San Miguel, xa que no derradeiro fin de semana poranse en xogo a primeira e a segunda xornadas do Playoff de ascenso e descenso, en Bermeo e Portugalete. Ademais destas dúas regatas, no mesmo lugar, disputaranse as dúas xornadas finais da tempada onde se entregará a Coroa “la Caixa”. 

Voltar