Novas 2022

COMPETICION

24 Ago 2022

Ares volcarase coa Santa Olalla na XV Bandeira Concello de Ares

Ares volcarase coa Santa Olalla na XV Bandeira Concello de Ares

Representantes do goberno municipal e do Club de Remo da localidade presentaron esta mañá a que será unha cita ineludible dentro da Eusko Label Liga de Traiñeiras

O alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Noelia Montero, e o presidente do Club de Remo de Ares, Germán Sánchez, presentaron hoxe a XV Bandeira Concello de Ares de Traiñeiras, un evento que se desenvolverá o próximo sábado, 27 de agosto, e fará que toda a localidade se vista de azul para animar con orgullo ó equipo da Santa Olalla. 

O acto de presentación, que se realizou no paseo marítimo, serviu para dar boa conta do contexto do Club de Remo de Ares. Para Germán Sánchez, o único que queda pendente "é darlle un bo homenaxe aos nosos, porque se pelexou por todo, pola Liga, e ben o merecen. Pouco temos que dicirlles, nada máis que o pobo está con eles". 

O presidente do Club salientou o "orgullo que supón o subir e mantenerse na ACT. Se fai anos imaxinamos isto… é un soño conseguido pero, ademais, temos un futuro de calidade se miramos ás nosas categorías de base".  Na mesma liña que Germán Sánchez falou Julio Iglesias Redondo, rexedor de Ares: "Cumpriuse a ilusión dun club humilde, pequeno entre xigantes, que ademais creceu moitísimo ao estar na ACT. E non só deportivamente, tamén na súa xestión económica e social". 

Para o alcalde, o esencial é que a mellora permanece independentemente dos resultados que se obteñan ao peche da tempada. "Hai canteira e hai, sobre todo, unha preparación no Club, na directiva e na masa social que non desaparece. Seguiremos tendo un club da ACT aínda que non esteamos na propia ACT".

UNHA XORNADA PARA O APOIO INCONDICIONAL 
O sábado, 27, erase en realidade nunha oportunidade para que Ares e os seareiros do Club rindan homenaxe ao esforzo continuo duns remeiros que, no seu tempo de ocio despois das xornadas laborais, deciden entregarse plente ó remo. 

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, tamén aproveitou a presentación da bandeira para animar ó municipio a "desfrutar de todo o día, do evento, sobre todo porque despois do traballo que levou a cabo tanto o Club coma o Concello o que nos queda é iso: desfrutalo independentemente do horizonte futuro".
 

Voltar