Novas 2022

COMPETICION

14 Xul 2022

As bandeiras de Orio Kanpina estarán en xogo no sábado

As bandeiras de Orio Kanpina estarán en xogo no sábado As bandeiras de Orio Kanpina estarán en xogo no sábado

O 16 de xullo desputarase en Orio unha nova xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Será a quinta xornada de ambas competicións na que se desputará a X Orio Kanpina Bandera. Esta mañá presentáronse as dúas bandeiras que estarán en xogo esta fin de semana, e estiveron presentes a alcaldesa de Orio, Anuska Esnal, os membros da comisión de Deportes do Concello José Ángel Iparragirre, Bittor Andrés, Jon Basurko e Ana Pried, e o presidente de Orio Arraun Elkartea, Iosu Esnaola, no Camping Orio.

Esnal salientou que as probas da fin de semana son de grande visibilidade, "a xornada do sábado será na praia, e ver as traiñeiras a apañaren as ondas é precioso", indicou Esnal.

O 16 de xullo desputaranse as X Bandeiras Orio Kanpina. O campo de regatas será o mesmo que no ano pasado: partindo da barra exterior de Orio cara Mollarri. A proba feminina da Liga Euskotren partirá ás 17:40 horas coa participación de catro traiñeiras. Terán que percorrer 1,5 millas náuticas, é dicir, 2.778 metros, divididos en dous longos e con unha soa ceavoga.

Despois, ás 18:13 horas, desputarase a proba masculina da Liga Eusko Label. Deberán percorrer unha distancia de tres millas náuticas ou 5.556 metros, divididos en catro longos e con tres ceavogas. 

Tal e como sinalaba Iosu Esnaola, presidente de Arraun Elkartea, a Fan Zone instalarase no sábado na praza frente á Ikastola. Alí os asistentes poderán comer e beber produtos de Eusko Label e, ademais, instalarase unha pantalla xigante na que se poderá ver a regata.

 

📸 Orioko Udala

Voltar