Novas 2010

COMPETICION

01 Xu˜ 2010

BANDEIRA AFAMO

BANDEIRA AFAMO

A ACT da un paso cara adiante e organizará unha regata benéfica en Moaña: A Bandeira Afamo

A Asociación de Clubs de Traíñas vai dar este verán un paso histórico. Comprometido co remo, cos valores do deporte, tamén se compromete cos sectores máis desfavorecidos da sociedade, e organizará o próximo 18 de xullo en augas de Moaña a Bandeira Afamo. Esta será a primeira regata benéfica que organiza a Asociación nos seus 7 anos de vida, e ten un obxectivo tan claro como loábel: colaborar coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (Pontevedra). A ACT considera preciso ter presente o digno traballo que realizan as asociacións coma Afamo, e dar conta á sociedade do grande labor desinteresado que fan, traballo que a miúdo non ten eco na sociedade.

O obxectivo principal da Bandeira Afamo será a sensibilización social e a solidariedade coas persoas que sofren Alzheimer e outras demencias. A asociación Afamo amosará e explicará o seu labor a todos os asistentes á regata, tentando sensibilizar os afeccionados do traballo que realizan, e procurando recadar fondos para desenvolver as súas iniciativas.

Esta xornada corresponderá coa 6ª proba puntuábel da Liga San Miguel 2010 e, igual que as demais regatas do calendario, estará dotada con 22.500€. Afamo tamén dará o seu nome á 4ª xornada da Liga Euskotren, proba dotada con 6.000€. As probas contarán coa colaboración da SD Tirán.

Voltar