ACT TV 2023

ESPECIAL

22 Xul 2023

Bandeira e liderado para Bermeo

Bandeira e liderado para Bermeo Bandeira e liderado para Bermeo

A Bou Bizkaia gaña a XXII Bandeira Concello de Sestao tras unha apertada e espectacular regata.

Coa súa vitoria na XXII Bandeira Concello de Sestao- Centenario Kaiku os vixentes campións voltan vestir de vermello, grazas a gañaren a súa terceira bandeira da tempada, a que desempata a clasificación respecto a Hondarribia. Tras unha espectacular terceira quenda os bermeotarras levaron a Bandeira cun tempo de 19:55. Zierbena fíxose co segundo posto con 4 segundos de retraso respecto á Bou Bizkiaia, Hondarribia foi terceira a 5 segundos e Donostiarra pechou a quenda a 9 segundos.

Polo tanto, Bermeo Urdaibai é o novo líder con 64 puntos e 3 vitorias, os mesmos puntos que Hondarribia. Zierbena é terceira con 62 e Donostiarra é cuarta con 48 puntos. Samertolameu e Santurtzi pechan a clasificación con 12 e 19 puntos respectivamente.

Voltar