Novas 2015

ESPECIAL

09 Xu˜ 2015

Basterretxea gaña o sorteo a Málaga

Basterretxea gaña o sorteo a Málaga

Ibon Basterretxea, remeiro de Urdaibai Avia, levará dúas persoas á capital malacitana para desfrutar da III Bandeira Euskadi – Basque Country

A Gala da Liga San Miguel celebrada no pasado sábado no Auditorio Kursaal deu para moito. Coa axuda do presidente da ACT, Pedro Andueza, e das azafatas de San Miguel, realizouse un sorteo entre todos os remeiros dos 12 clubs socios da Asociación. Este tiña por premio unha viaxe a Málaga para dúas persoas para gozar da III Bandeira Euskadi Basque Country.


O funcionamento do sorteo foi sinxelo. Primeiro colleuse unha bola da urna onde estaban todos os clubs que loitarán pola Coroa “la Caixa” esta tempada 2015 da Liga San Miguel. A primeira bola decidiu que o remeiro premiado fose de Urdaibai Avia. Na segunda urna había bolas con papeletas do 1 ao 22, coincidindo cos números que se lles tiñan asignado aos remeiros na Revista BOGA deste ano. A segunda bola contiña o número 4, que correspondía a Ibon Basterretxea, remeiro debarra de Urdaibai Avia. Deste xeito, o da 'Bou Bizkaia' poderá convidar dúas persoas para que gozen de toda unha fin de semana de actividades en Málaga, que culminará coa desputa da III Bandeira Euskadi-Basque Country en augas do Mediterráneo ¡Zorionak Ibon!

Voltar