ACT TV 2021
ESPECIAL
23 Dec 2021
Bo Nadal e próspero ano novo 2022!
Os remeiros da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren comparten cos afeccionados e afeccionadas estes días natalicios para brindar por un ano novo cheo de éxito
As remeiras de Tolosaldea Arraun Kluba Irati Hernández e Naroa Becerril, o remeiro de Kaiku Berez Galanta Solayman ‘Suly’ Rahhou e Jokin Idiakez de Getariako Arraun Elkartea son os protagonistas desta felicitación natalicia. Os tres equipos que deron ascendido á máxima categoría do remo de banco fixo, brindan por un novo ano no que os afeccionados poidan sentir a paixón de ambas ligas de preto.
Todos os que compoñemos a ACT, desexámosvos un Bo Nadal e Próspero ano 2022!
Benvida con premio
No spot deste Nadal, os remeiros e remeiras das tres traiñeiras que ascenderon á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren teñen unha sorpresa para os seus afeccionados. Como agradecemento polo seu apoio durante as últimas tempadas, da ACT agasallarase con tres entradas dobres para a primeira regata que se desputará na tempada 2022. Para conseguir esas entradas, cómpre atopar o sobre coa postal que guardaron na localidade, e seguir as instrucións.