Novas 2022

COMPETICION

24 Ago 2022

Cabo de Cruz acolle este domingo a XXXII edición da Bandeira Concello de Boiro

Cabo de Cruz acolle este domingo a XXXII edición da Bandeira Concello de Boiro

Este domingo celebrase en Cabo de Cruz unha das xornadas da ACT, na que se disputa a XXXII edición da Bandeira Concello de Boiro. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o presidente do Club, Daniel Vázquez. 

O campo de regatas que se vai empregar é o habitual, con orientación norte sur en 4 longos. "Dende o club estamos moi satisfeitos cos resultados acadados, quedan dúas regatas e estamos tranquilos en canto á permanencia", afirmou o presidente do Club, Daniel Vázquez. 

"Esta bandeira forma parte do calendario da ACT dende fai 15 tempadas, o que demostra o compromiso e a constancia do club, apostando pola canteira e o deporte base", recoñeceu a concelleira de Deportes. Esta proba deportiva é unha das mais importantes das que se celebran no Concello, "unha proba deportiva de primeiro nivel na que está representado un club do noso municipio", afirmou o alcalde. 

Ao rematar a regata haberá a habitual fan zone con sponsor da ACT e a habitual degustación de bonito. Haberá tamén unha mexilloada para dar a coñecer o produto local e tamén unha paella. 
 

Voltar