Novas 2014

ASOCIACION

27 Ago 2014

Comunicado oficial: Cumprimiento da sanción de Bermeo AE

Comunicado oficial: Cumprimiento da sanción de Bermeo AE

Mediante laudo do Árbitro da ACT de 27 de agosto de 2014 acórdase:

              a) Ratificar o disposto polo Xuíz de Competición na Circular de 22 de xuño de 2014, e desestimar o recurso de Bermeo AE, en canto: (i) ao xeito de proceder sobre o desconto ou retirada dos 95 puntos ao citado club deportivo na clasificación xeral da liga regular, e (ii) á imposibilidade de percibir calquera cantidade económica ou premio nas regatas da Liga San Miguel 2014 até que o socio sancionado se atopase con unha puntuación positiva na clasificación xeral.

              b) Revocar o disposto polo Xuíz de Competición na Circular de 22 de xuño de 2014, e estimar o recurso de sete clubs deportivos socios, en canto á entrega da bandeira a Bermeo AE nas regatas da Liga San Miguel 2014 cando dita entidade tivese finalizado en 1ª posición até que se atopase con unha puntuación positiva na clasificación xeral.

En base ao acordado, Bermeo AE deberá proceder á devolución á entidade organizadora das bandeiras que percibiu nas seguintes regatas da Liga San Miguel 2014: Bandeira da regata disputada o día 5-7-2014 en Sanxenxo, Bandeira da regata disputada o día 20-7-2014 en Orio, e Bandeira da regata disputada o día 27-7-2014 en Zierbena. Polo tanto, o Árbitro da ACT considerou que as bandeiras outorgadas aos vencedores das regatas si que forman parte dos premios que se conceden ao gañador do evento.

Despois da devolución por parte de Bermeo AE das bandeiras mencionadas, os organizadores das mencionadas regatas poderán dispór ou acordar o que entendan preciso, como propietarios ou titulares de estas que son. En calquera caso, se por parte dos organizadores fosen concedidas a Bermeo AE e os seus integrantes as bandeiras, o outorgamento ou entrega realizada non poderá selo en condición de “premio”, dado que, como se indicou, Bermeo AE foi sancionado coa privación de todo premio nas regatas (incluídas as bandeiras) até que tivera puntuación positiva na clasificación xeral da liga regular.

Voltar