Novas 2021

ESPECIAL

24 Ago 2021

Concurso BM: CR Ares

Concurso BM: CR Ares

Adrián Cordero e Pedro Carro representan a Santa Olalla no concurso BM

Os remeiros do Club de Remo de Ares teñen o desafío de competiren na súa regata este sábado, aínda que tamén aceptan o reto de participaren no Concurso BM. Coa continuidade na Liga Eusko Label conseguida, afrontan o reto do concurso sen presión e con vontade de desbancar os irmáns Elizondo de Zarautz Gesalaga-Okelan que lideran o concurso, no que compiten os equipos da Liga Eusko Label e mais da Liga Euskotren.  

Os remeiros da Enbata acadaron o liderado na semana pasada, e neste décimo segundo capítulo do concurso BM, os remeiros da Santa Olalla queren superar os catro acertos para levaren o premio final de Supermercados BM.  

Mentres Pedro trata de deseñar as palabras que hai nos cartóns, con productos que podemos atopar nos Supermercados BM e algúns intrusos, Adrián procura atinar co significado dos debuxos do seu compañeiro. O liderado está en catro acertos nun minuto, mellorarán isto os remeiros de Ares?

Mete “play”, e goza do CONCURSO BM!
 

Voltar