Novas 2014

ASOCIACION

18 Mar 2014

Dobre xornada para os socios en Guarnizo

Dobre xornada para os socios en Guarnizo

La ACT celebrará o vindeiro venres e sábado as Asembleas nas que, entre outras cousas, aprobará o calendario de regatas

O vindeiro 21 de marzo a partir das 17.00 horas e o 22 de marzo dende as 10.00 horas, a Asociación de Clubs de Traíñas celebrará as súas respectivas Asembleas no Hotel Los Ángeles, situado na localidade cántabra de Guarnizo. Na primeira destas, que será a que se celebre o venres 21 de marzo, procederase á designación do novo xuíz de disciplina e á aprobación das propostas de modificación de normativas e regulamentos.

Xa na sesión do sábado, ratificaranse as actas da Asemblea celebrada no pasado mes de xaneiro en Oiartzun. Ademais, procederase á aprobación do calendario da tempada 2014 e do orzamento desta. No derradeiro punto da orde do día haberá espazo para un turno de rogos e preguntas.

Voltar