Novas 2014

COMPETICION

22 Ago 2014

Fin de semana de contrastes

Fin de semana de contrastes

A Liga San Miguel porá fin este fin de semana ás súas incursións en Cantabria e Guipuscoa por esta tempada

Este fin de semana, no que se porán en xogo a decimocuarta e decimoquinta xornada da Liga San Miguel, contará con dúas regatas de contrastes. A primeira, que terá mañá Noja como escenario Noja a partir das 17.15 horas, tivo a súa estrea na máxima competición en 2004 con un campo de regateo totalmente marcado polas condicións meteorolóxicas. Despois deste primeiro paso, a Liga San Miguel reaparece unha década despois coa II Bandeira Playas de Noja onde se agarda unha pequena onda que empurre lixeiramente e que provocará emocionantes empopadas. Por outra banda, no domingo ás 12.00 horas disputarase a Hondarribiko XXVII Estropada - GP Mapfre, unha regata que, ano a ano, se vai consolidando no calendario da Liga San Miguel.

Na única edición disputada en Noja, en 2004, Urdaibai Avia foi o máis forte con un tempo de 17'38”29 e com unha vantaxe de 4”01 sobre Astillero, que foi o segundo. En calquera caso, o escenario de aquela xornada, pouco ten que ver co de mañá xa que a ubicación, coa Praia de Trengandín de protagonista, é diferente. No que corresponde á regata de Hondarribia, nas súas once edicións disputadas até o día de hoxe dende que se creou a ACT, houbo un amplo abano de vencedores: Mecos, Cabo, Hondarribia Orsa, Urdaibai Avia, Orio Babyauto e Kaiku Ambilamp. Cómpre sinalar que ao equipo que historicamente mellor se lle ten dado o acoutado hondarribiarra foi a Urdaibai Avia, con tres bandeiras na localidade guipuscoana, seguido por Kaiku Ambilamp e o anfitrión Hondarribia Orsa, con dúas.

O equipo co mellor tempo, até agora, nas augas do Bidasoa foi Urdaibai Avia en 2008 con un tempo de 19'21”89. En canto á diferenza entre os dous primeiros clasificados, a menor diferenza deuse en 2009 cando a regata se decidiu por apenas sete décimas a favor de Orio Babyauto, deixando en segundo lugar a Castro. Pola contra, no ano seguinte, a diferenza marcada entre os dous primeiros na clasificación da regata foi de 11”66 entre Urdaibai Avia e San Juan Iberdola, convertindose así na maior diferenza entre os dous primeiros clasificados.

A Liga San Miguel chega a este punto da tempada con unha forte carga de emoción en todas as áreas da táboa. Despois dos catro puntos recortados por Orio Babyauto na dobre xornada de Zarautz, colócase a só un punto do líder, Hondarribia Orsa, a falta de seis xornadas para que remate a Liga San Miguel e se decida quen se fai coa Coroa "La Caixa". Pola parte baixa tampouco falta emoción e trás o grande fin de semana colleitado por San Pedro Ecolmare, que lle valeu para adiantar a Astillero, estes tentarán devolverlle o golpe mentras que Urdaibai Avia se achega por debaixo. A zona morna tampouco está exenta de tensión, con un triple empate entre o quinto, sexto e séptimo. Na clasificación do trofeo "La Caixa" ao mellor patrón, Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, volveu ao liderado con 15 puntos, deixando a Gorka Aranberri (14) e Asier Zurinaga (12) en segunda e terceira posición respectivamente.

Quendas en base á clasificación

As quendas na regata de mañá en Noja seguirán a orde da clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que Pedreña, Urdaibai Avia, Astillero e San Pedro Ecolmare vogarán na primeira quenda en Noja; na segunda quenda mediranse Zierbena Bahías de Bizkaia, San Juan Iberdrola, Portugalete Eulen e Tirán Pereira; e os encargados de loitar na quenda de honra serán Cabo, Kaiku Ambilamp, Orio Babyauto e Hondarribia Orsa. No que respecta ás regatas disputadas no domingo, a partir de agora, as quendas definiranse seguindo os mesmos criterios que nas regatas dos sábados. Por isto, as quendas en todas as regatas de aquí a que remate a tempada serán en orde inversa á clasificación xeral da Liga San Miguel.  

Voltar