Novas 2010

COMPETICION

11 Xu˜ 2010

GALA LIGA SAN MIGUEL2010

O Kursaal de Donostia - San Sebastián acolle a gala de presentación da Liga San Miguel o 11 de xuño, no acto no que se premia os deportistas, clubs e afeccionados máis destacados da pasada tempada.

Premios para os diferentes clubs por méritos da anterior tempada:

REMO Á TRAIÑA MÁIS RÁPIDA DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Martín Berasategi, un dos nosos cociñeiros máis internacionais.
- Remo para Castro: Bandeira El Corte Inglés, 18:58:60, batendo a marca do campo de regata

REMO AO MÉRITO DEPORTIVO DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Josetxo Fernández Vaqueriza, Presidente da Federación Vasca de Remo.
- Entrégaselle o remo a Eugenio Fernández, membro do Comité de Competición da Asociación pola súa longa traxectoria no mundo do remo e pola súa aportación á ACT na súa breve historia.

REMO Á MELLOR CANTEIRA DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Santi Ipiñazar, Diario Vasco.
- Entrégaselle o remo a Orio, en todas as regatas da Liga participou con 13 remeiros propios de 14 na traíña excepto en dúas regatas, nas que remo cos 14 propios!

REMO AO MELLOR ADESTRADOR DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Gorka Brit, Real Unión.
- En terceiro lugar Aizperro de Orio, Juan Mari Etxabe de Castro en segundo lugar. Mellor adestrador da Liga San Miguel 2009, elixido polo resto de adestradores, Aitor Balda de San Pedro.

REMO Á MELLOR ORGANIZACIÓN DE REGATA DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Iñaki Galdos, Diputación Gipuzkoa.
- O remo á mellor organización é para Hondarribia AT.

REMO AO MELLOR PATRÓN DA LIGA SAN MIGUEL 2009:
- Entrega o remo Juan Villaescusa, Caja Madrid.
- Joseba Amunarriz de Hondarribia é o gañador do Trofeo.

REMO Á AFECCIÓN MÁIS DESTACADA
- Entrega o remo Iñigo Garaizar, Representando a Cervexas San Miguel.
- Dáselle o premio aos seareiros de Arkote, Plentzia.

REMO HONORÍFICO
- Entrega o remo Peter Bravo, presidente da ACT:
- El Corte Inglés polas súas 35 edicións patrocinando a Bandeira ECI e estar case 40 anos comprometido con este magnífico deporte.

Despois do peche da tempada 2009 preséntase a nova Liga San Miguel 2010. Un dos momentos máis significativos foi a entrega da Corona Caja Madrid da man da Juan Villaescusa de Caja Madrid, máximo galardón da liga, por parte do vixente campión: Naturhouse Castro. Tamén Galicia entregou o trofeo recibindo a súa réplica de mans do presidente de Euskotren, Sr. Iñaki Arriola.

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) fai xa a súa oitava tempada bogando con forza no Mar Cantábrico e no Océano Atlántico. A presenza de prestixiosos patrocinadores como Cervexas San Miguel e Caja Madrid fan que o deporte rei do verán reme con firmeza cara un futuro atractivo.

O próximo 3 de xullo dará comezo a oitava edición da Liga San Miguel de Traíñas coa Bandeira SEAT - GP Vila de Bilbao, competición que reúne as 12 mellores tripulacións do País Vasco, Cantabria e Galiza, en busca do seu trofeo máis prezado, a Corona Caja Madrid.

A edición deste ano consta de 18 regatas puntuábeis que se desenvolverán entre o 3 de xullo e o 19 de setembro. Durante estes tres meses, os participantes percorrerán os case 1.000 quilómetros que separan a localidade de Moaña (Pontevedra) de Hondarribia (Gipuzkoa). A competición comezará o 3 de xullo en augas do Nervión, á altura do Concello de Bilbao. O peche do campionato terá lugar en Portugalete (Bizkaia), o 19 de setembro coa Bandeira El Corte Inglés.

Sobre a competición feminina, este ano celébrase a segunda edición da Liga Euskotren. Galicia defende título ante Bizkaia, Gipuzkoa e a recén incorporada Cantabria, que substitúe a Cataluña. A Liga Euskotren constará de 8 bandeiras. Pedreña acollerá a primeira regata, e Zarautz poñerá a guinda á competición coa súa Ikurriña a dobre xornada.

Cervexas San Miguel premia a través da competición o esforzo e a dedicación dos deportistas, dous valores que sempre estiveron presentes no evoluír da cervexeira. A Liga San Miguel de Traíñas tamén amosa o seu compromiso coas tradicións e coa historia da zona norte da península, dándolle pulo a un dos deportes máis antigos e con maior tradición na cornixa cántabro-atlántica. Tradición que inclúe os miles de asistentes ás regatas gozando dun ambiente festivo.

A presenza de Caja Madrid confirma a consolidación do evento como un clásico no mundo do deporte, especialmente na cornixa cántabro-atlántica, e garante o máis alto nivel da competición. O apoio ao remo por parte de Caja Madrid atópase ao mesmo tempo nunha estratexia de achegamento ás inquedanzas e necesidades da súa contorna máis próxima.

Euskotren quixo apoiar esta liga feminina de remo, dende o convencemento de que a promoción deste deporte no ámbito da muller aporta aos vascos toda a bagaxe que permitirá avanzar cara unha sociedade máis xusta e máis moderna, na que a progresiva incorporación das mulleres aos diversos ámbitos sociais supoña un valor de desenvolvemento que enriqueza a sociedade vasca. O remo, como Euskotren, comparte ese camiño cara a modernidade.

Xunto con San Miguel, Caja Madrid e Euskotren, hai que ligar á competición a presenza de patrocinadores como Euskolabel e Reta, Seat, Movistar, Getxo, Zarautz e El Corte Inglés como patrocinadores de regata. Este ano cómpre destacar a presenza de Afamo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo, entidade que cederá o seu nome a unha xeira benéfica, a sexta regata da Liga San Miguel e a cuarta da Liga Euskotren.

Como grande novidade este ano a Asociación compuxo un himno para homenaxear a todos os remeiros e remeiras que durante o verán participan nas ligas de traíñas, unha homenaxe ao seu esforzo e adicación na creación dun dos mellores espectáculos deportivos do verán. O himno foi composto por Imanol Kamio, no que se refire á parte musical, e Iñaki Mikeo, no que se refire á letra. A interpretación vai a cargo dos coros Umore Ona, Kantuz e Ozenki.

Para rematar, a ACT e a ETB selaron un novo acordo para os próximos 3 anos asegurando a produción e retransmisión en directo de todas as regatas da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. TVG tamén entra neste acordo, producindo as regatas a celebrar en Galiza, e emitindo todas as regatas a través da súa canle deportiva.

Voltar