Novas 2021

COMPETICION

15 Ago 2021

Go Fit Hondarribia conquista por cuarta vez consecutiva a Zarauzko Ikurriña

Go Fit Hondarribia conquista por cuarta vez consecutiva a Zarauzko Ikurriña

A Ama Guadalupekoa volta superar a Sotera e a diferenza na pelexa pola Coroa CaixaBank redúcese a sete puntos

Go Fit Hondarribia conquistou unha nova bandeira na tempada despois de colleitar dúas vitorias na dobre xornada desputada esta fin de semana en augas de Zarautz. Os de Mikel Orbañanos vencen na Zarauzko XLIV. Estropadak con catro segundos de vantaxe sobre Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. Así as cousas, a Ama Guadalupekoa (144 puntos) consegue acurtar un novo punto á Sotera (151 puntos) na xeral da Liga EuskoLabel e xa son sete os tantos entre ambas embarcacións.

Na loita pola terceira praza da xeral, Donostiarra Amenabar (125 puntos) reforza o terceiro posto grazas aos 10 puntos obtidos na xornada de hoxe, mentres que Zierbena Bahías de Bizkaia (122 pts) fica na cuarta praza, preto de Orio Orialki que está con 120 pts. O vindeiro sábado, canda Orio estarán formando a segunda quenda Urdaibai Avia, Ondarroa Cikautxo e Cabo da Cruz, e na primeira quenda estarán Ares, Lekittarra Elecnor, Tiran Pereira e Zarautz Gesalaga Okelan, que no día de hoxe conseguiron acurtar uns puntos moi valiosos para tratar de esquivaren o último posto da clasificación.

No referido á clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 18 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 11 puntos
 

Voltar