ACT TV 2023

ESPECIAL

11 Ago 2023

Histórica fin de semana en Galiza

Histórica fin de semana en Galiza Histórica fin de semana en Galiza

Moaña e Boiro acollerán as regatas da Liga Eusko Label, e estrearanse nestes campos de regatas as traiñeiras da Liga Euskotren 

Por primeira vez dende a creación da Liga Euskotren, a competición feminina desputará a súa segunda fin de semana en augas de Galiza, desta vez, lonxe do seu habitual campo de regatas da Coruña. As oito traiñeiras da competición feminina desputarán as regatas en Moaña e Boiro canda as traiñeiras da Liga Eusko Label.

O sábado, a partir das 17:30 horas, as primeiras traiñeiras femininas comezarán a competir pola Bandeira Aqualia de traíñas. Tras as dúas quendas femininas divididas segundo a clasificación xeral, será a vez das doce traiñeiras masculinas, tamén divididas segundo a clasificación xeral, para competir pola IX Bandeira Illa Do Samertolameu - Concello de Moaña. Entre as traiñeiras actuais da competición, apenas Orio conseguiu ondear a Bandeira Illa Do Samertolameu na Liga Eusko Label.

O domingo, a IV Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira arrancará coas peores catro traiñeiras da xornada anterior a partir das 11:25 horas. Tras a estrea da Liga Euskotren en Cabo da Cruz, será a quenda para as doce embarcacións masculinas, segundo os tempos da xornada anterior, á procura da XXXIII Bandeira Concello de Boiro. Hondarribia foi a traiñeira máis rápida na tempada anterior, mentres que nas dúas edicións anteriores Itsasoko- Ama Santurtzi logrou ondear a Bandeira Concello de Boiro.

FAN ZONE
Esta fin de semana, os afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren terán unha dobre oportunidade de gozaren da FAN ZONE. En Moaña, o espazo destinado ás afeccións ubicarase na entrada do espigón do porto de Meira, e é onde se poderán degustar os diferentes produtos Eusko Label, como a cervexa da competición, Keler. Os que se acheguen á fan zone, tamén poderán seguir a regata en directo dende a pantalla xigante, ou tiraren fotografías cos dous trofeos das competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.

O domingo, na entrada ao Porto de Cabo da Cruz, os afeccionados terán unha segunda oportunidade de gozar dunha experiencia única das regatas. Ademais de gozar da habitual experiencia das regatas, CR Cabo da Cruz tamén ofrece unha variedade de produtos locais como paella, mexillóns e empanada.
 

Voltar