Novas 2023

ESPECIAL

27 Feb 2023

Hondarribia e Donostiarra vencen en Hondarribia

Hondarribia e Donostiarra vencen en Hondarribia Hondarribia e Donostiarra vencen en Hondarribia

Os descensos de inverno van collendo importancia na preparación dos equipos

Este sábado desputouse a Hondarribiko XXIII. Traineru Jaitsiera, un novo ensaio para os equipos que competirán este verán nas competicións de traiñeiras. Unha bonita tarde de remo que albergou 40 traiñeiras de tres categorías, con ampla representación dos equipos tanto da Liga Euskotren como da Liga Eusko Label. 
 
Na categoría feminina, Donostiarra foi a clara dominadora da proba dende a primeira pada. Cunha vantaxe de oito segundos na ceavoga sobre Orio, ampliada aos vinte segundos na meta e vinteún segundos sobre Donostia Arraun Lagunak. A continuación entraron a traiñeira local de Hondarribia, Tolosa e Hibaika. 
 
Na categoría masculina, a traiñeira local non deu lugar a sorpresas, e dende os primeiros metros foi a traiñeira máis veloz. Xa na ceavoga marcaron o mellor tempo e na meta aumentaron a dez segundos a distancia respecto a Donostiarra. Orio completou o pódio por diante de Zierbena. Getaria chegou á meta na sexta posición, por diante de Ondarroa, e Isuntza novena completaron a participación dos equipos da Liga Eusko Label. Entre os equipos da nosa competición clasificáronse Lapurdi na quinta e San Pedro na oitava posición.

Voltar