Novas 2021

COMPETICION

05 Out 2021

Iker Zabala volta para Bermeo Urdaibai Avia

Iker Zabala volta para Bermeo Urdaibai Avia

Despois de cinco anos como adestrador da Itsasoko Ama, Iker Zabala volta para o club da súa vila

Iker Zabala e o club Bermeo-Urdaibai chegaron a un acordo para que o de Bermeo volte para o club onde remou case toda a súa carreira deportiva para adestrar o equipo na vindeira tempada. Tras gañaren a Coroa CaixaBank nas dúas últimas tempadas, e despois de se desligar do club Itsasoko Ama, o de Bermeo será o adestrador de Bermeo Urdaibai Avia por unha tempada.   

Voltar