Novas 2021
COMPETICION
23 Set 2021
Jon Salsamendi continuará ao mando de Orio Orialki
Fará a súa sexta tempada como adestrador da San Nikolas
Jon Salsamendi renova como adestrador de Orio Orialki por máis unha tempada. Salsamendi e o Club de Orio decidiron continuar co traballo que está a realizar dende a súa chegada no 2017, e esta será a súa sexta tempada ao mando da traiñeira San Nikolas.
Nestas cinco tempadas consecutivas, Salsamendi sempre rematou coa traiñeira clasificándose na quenda de honra. Esta tempada, e grazas ao grande traballo realizado na parte final da tempada, conseguiu clasificarse na terceira posición. Porén, a diferenza das catro anteriores tempadas, Orio Orialki este verán non deu conseguido ningunha vitoria nas vinte xornadas desputadas.
Sen dúbida, esta é unha grande noticia para Orio Orialki que poderá continuar co traballo que está a realizar Salsamendi co seu plantel.