Novas 2016

ESPECIAL

31 Mai 2016

Kon Sports innova na pel do campión

Kon Sports innova na pel do campión

A casa vasca renova os maillotes do líder da Liga San Miguel e Liga Euskotren, así como co maillote de mellor patrón
 

Por segundo ano consecutivo, Kon Sports será a marca encargada de vestir aos mellores da tempada. Para esta campaña a marca vasca creou unha nova liña de produtos na que os maillotes deseñan os rumbos que guiarán as traiñeiras cara a vitoria. Tamén o maillote da Liga Euskotren rompe o seu até agora habitual branco absoluto e inclúe en azul franxas de diferentes tonalidades.

O ano pasado, tras se proclamar campión da Liga San Miguel, NT2 Hondarribia luciu o maillote amarelo de principio a fin. Mentres que as mozas de San Juan Iberdrola, tras dunha apertada loita, se apoderaron por segundo ano consecutivo do maillote de líder. Para San Juan tamén foi o maillote branco de CaixaBank, neste caso para Jon Ormazabal e Endika Pérez, que se fixeron co título de mellor patrón.

Daquela, tanto os remeiros da Liga San Miguel como as remeiras da Liga Euskotren buscarán con ánsia ao longo de todo o verán facerense no fin da tempada coa tan prezada chambra de Kon Sports. Xa que iso significará que se fixeron coa vitoria.  

Voltar