Novas 2016

ASOCIACION

19 Mai 2016

Última Asemblea antes do comezo da Liga San Miguel

Última Asemblea antes do comezo da Liga San Miguel

Os socios reuniranse mañá en Portugalete no que será o derradeiro encontro asembleario antes de encetar o calendario deportivo

O Hotel Puente Colgante de Portugalete recibirá os socios da ACT mañá a partir das 16.30 horas nunha nova Asemblea que, previsibelmente, extenderase até o sábado. Entre os diferentes puntos a tratar, o máis salientábel é o da aprobación das propostas de modificación da Normativa de Competición remitidas polos socios. Un punto que se somete a votación cada ano olímpico e, nesta ocasión, será nesta Asemblea de Portugalete.

Ademais deste importante punto, trataranse outros como a información aos socios dos aspectos ligados coa xestión e administración do segundo trimestre, as propostas de modificación do Código de Regatas ou do Manual de Organización, entre outros. 

Voltar