ACT TV 2023

ESPECIAL

07 Ago 2023

Último Longo CaixaBank: Hondarribia e Lekeitio

Último Longo CaixaBank: Hondarribia e Lekeitio

Falan os patróns e as patroas máis destacadas da fin de semana

Tras a desputa das regatas de Hondarribia e Lekeitio, os líderes souberon gañar as dúas bandeiras, e así fortaleceren os seus liderados. Grazas ás súas vitorias, tanto Bermeo Urdaibai como Donostia Arraun Lagunak, amplian a diferenza con respecto aos seus perseguidores a seis puntos.
 
Na xornada do sábado na Hondarribiko XXXVI. Bandeira / Mapfre Sari Nagusia, Bermeo superou a todas as traiñeiras con dous segundos de vantaxe sobre Zierbena Bahías de Bizkaia e cinco sobre a local Hondarribia e Orio Orialki. Pola súa banda, na XV Txingudiko Bandeira / Balfego Sari Nagusia, Donostia Arrarun Lagunak ondeaba a bandeira con dous puntos de vantaxe sobre Nortindal Donostiarra e sete segundos sobre Orio Orialki. Tanto a Bou Bizkaia como a Lugañene conseguiron dous puntos de vantaxe sobre os seus rivais directos.

No sábado, tanto na competición masculina como na feminina, o fallo dos GPSs por causa do temporal, impediu o reparto de puntos para as clasificacións de Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa EITB Saria, manténdose a mesma como ao comezo da xornada.

Na xornada do domingo en Lekeitio, os lideres tamén foron quen de conseguiren ondear a Bandeira. Na XXXVIII. El Correo Ikurriña - Kutxabank SN - Lekeitioko Udala, Bermeo Urdaibai dominou a regata dende as primeiras padas e na meta conseguiu unha renda de 16 segundos sobre Donostiarra Amenabar e 19 segundos sobre Zierbena Bahías de Bizkaia mentres que a segunda clasificada, Hondarribia, cedeu 24 segundos na cuarta posición.
Na XII. Bandeira Euskotren, Donostia Arraun Lagunak sufriu máis da conta no segundo longo, pero finalmente a renda en meta respecto a Orio Orialki foi de 10 segundos.

Grazas a estas vitorias, os líderes contan con seis puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores. Bermeo Urdaibai, conta con oito regatas para defender o liderado, mentres que Donostia Arraun Lagunak conta con catro xornadas para defender o que podería ser o seu segundo Trofeo Euskotren.

En canto ao traballo dos patróns, tras a xornada do domingo, manteñen o liderado máis unha xornada. Na categoría masculina, Unax Eizaguirre, terceiro na xornada, desfacía o empate con Gorka Aranberri, cuarto na xornada, e polo tanto, na xornada de Moaña será quen vestirá o maillote de Mellor Patrón CaixaBank. Na clasificación feminina, Nerea Perez foi a patroa máis hábil en augas de Lekeitio, e achégase á líder de Mellor Patroa EITB Saria Miren Garmendia, segunda na xornada.

Voltar