ACT TV 2023

ESPECIAL

14 Ago 2023

Último Longo CaixaBank: Moaña e Boiro

Último Longo CaixaBank: Moaña e Boiro

Falan os patróns e as patroas máis destacadas da fin de semana

Tras o segundo fin de semana en augas de Galiza, as competicións están a chegar ao remate. Resta apenas unha fin de semana na Liga Euskotren, e tres na Liga Eusko Label, sendo dúas cos doce participantes. Tanto en Moaña como en Boiro, os equipos tiveron que lidar con vento, chave en ambas xornadas.

Zierbena consegue a súa primeira dobre vitoria na Liga Eusko Label, gañando o sábado na IX Bandeira Illa Do Samertolameu - Concello de Moaña e o domingo, a XXXIII Bandeira Concello de Boiro. Coa dobre victoria, e sobre todo, o cuarto posto de Hondarribia e sexto de Bermeo no domingo, apértase aínda máis a parte alta da clasificación, estando os tres equipos en catro puntos para gañaren a Coroa CaixaBank. 

Na competición feminina, Orio Orialki gañaba a Bandeira Aqualia de Traíñas e recuperaba un punto na clasificación xeral respecto a Donostia Arraun Lagunak. O domingo, a Lugañene recuperaba o punto perdido na xornada anterior, pero a vitoria na IV Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira foi para Nortindal Donostiarra, ondeando así a terceira Bandeira da tempada. A falta dunha semana para o remate d competición, Donostia Arraun Lagunak ten seis puntos de vantaxe respecto a Orio Orialki na loita por gañar o Trofeo Euskotren. 

No referido ao labor dos patróns e patroas, o vento incidiu moito no seu traballo, e sobre todo hai mudanzas na clasificación masculina. Unax Eizagirre, líder da clasificación de Mellor Patrón CaixaBank até esta fin de semana, cedeu case 15 puntos nas dúas xornadas, caendo ao terceiro posto da clasificación. O patrón zarauztarra de Bermeo Urdaibai, Gorka Aranberri lidera a clasificación con 95 puntos, mentres por detrás ségueno o patrón de Hondarribia, Ioseba Amunarriz e o propio Unax Eizagirre, ambos con 80 puntos. 

Respecto á clasificación de Mellor Patroa EITB SARIA, Miren Garmendia mantense no liderado cos tres puntos de vantaxe sobre Nerea Perez, patroa de Nortindal Donostiarra. A falta de dúas xornadas, a patroa de Hondarribia Bertako Igogailuak está perto de gañar o premio por segunda ocasión, como da fixo na tempada 2021. 

Voltar