Novas 2022

COMPETICION

16 Xul 2022

Matrix Hondarribia suma a súa primeira bandeira en Orio

Matrix Hondarribia suma a súa primeira bandeira en Orio Matrix Hondarribia suma a súa primeira bandeira en Orio

A vitoria na Orioko XXXII. Estropadak - Orioko Kanpina X. Bandera  permite á Ama Guadalupekoa (53 puntos) rozar o liderado de Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 (54 puntos)

Matrix Hondarribia consegue a súa primeira bandeira da tempada 2022 en augas de Orio logo de superar na meta a unha Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 que pelexou o triunfo até as padas finais na Orioko XXXII. Estropada - Orio Kanpina X. Bandera. A Ama Guadalupekoa e a Torrekua II mantiveron un duelo moi igualado en todos os longos até que nos últimos metros os verdes impuxeron unha marcha máis para conquistaren a regata do sábado. Por detrás, Urdabai completou a quenda de honra no terceiro lugar, cruzando a liña de meta a 11 segundos da gañadora. Orio Orialki foi cuarto nesta última quenda. 

Por outra banda e despois dos resultados deste sábado, a segunda quenda de mañá estará composta por Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Berez Galanta, Lekitarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo; mentres que abrirán a xornada do domingo Getaria, Santurtzi, Cabo e Ares. Estes dous últimos se ficaron sen sumar ningún punto en Orio por teren embestido ambas embarcacións fóra dos seus respectivos carreiros cando estaban a piques de cruzar a liña de meta. 

Así, a Torrekua II sostén o liderado da Liga EuskoLabel con 54 puntos frente os 53 de Matrix Hondarribia, os 52 de Urdaibai e os 50 de Orio Orialki. Por abaixo, Cabo pecha a xeral con 12 puntos e Ares marca a salvación con 13 puntos, frente os 17 de Ondarroa e os 19 da Sotera. 

Vitoria e liderado para Orio na casa
Orio Orialki conquista a "súa" bandeira despois de superar a Donostia Arraun Lagunak por nove segundos na Orioko XXII. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina X. Bandera. Con esta vitoria, as aguiluchas recuperan o liderado da Liga EuskoTren sumando 18 puntos frente os 17 das da capital. 

Pola súa banda, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 acadaba a meta con unha perda de 21 segundos frente Orio e Tolosaldea chegaba última a 29 segundos. Estes resultados permiten a Donostiarra sumaren 9 puntos e Tolosaldea pecha a clasificación da Liga EuskoTren con seis puntos.

Voltar