ACT TV 2023

ESPECIAL

18 Dec 2023

Na honra dos campións

Na honra dos campións

CaixaBank tematiza as súas oficinas de Donostia e Bermeo con imaxes dos campións e campionas das Ligas Eusko Label e Euskotren.

CaixaBank, como patrocinador principal das Ligas Euskotren e Eusko Label continúa con unha das súas iniciativas máis visuais: a tematización das súas oficinas. Daquela, a oficina situada na rúa Urbieta de Donostia vestiuse con imaxe das campionas da Liga Euskotren deste ano e homenaxeou alí as remeiras de Donostia Arraun Lagunak. No referido aos campións da Liga Eusko Label, o novo deseño instalarase nos próximos días na oficina da praza Prantzisko Deuna Atea de Bermeo.

Á homenaxe da entidade financeira para as de Lugañene en San Sebastián asistiron varias representantes de Arraun Lagunak, así como o director da Área de Negocio de CaixaBank en Donostialdea, Emilio Cuadrado. "Este verán sempre o lembraremos no remo feminino porque foi a primeira vez que vimos 8 traiñeiras a navegaren na Liga Euskotren. Ademais, gozamos de xornadas preciosas e igualadas, que eu personalmente como afeccionado ás traiñeiras, non esquecerei facilmente. E sobre todo isto, destacou unha traiñeira por riba de todas.  As mozas de Donostia Arraun Lagunak impuxéronse por segunda vez como as mellores", subliñou Cuadrado.

Engadiu  que, para CaixaBank, é un exemplo "o compromiso e o traballo en equipo" demostrado polas remeiras donostiarras. O director da Área de Negocio de CaixaBank concluiu dicindo que "é unha honra poder tinxir a nosa oficina con ese espíritu co que nos sentimos tan identificados en CaixaBank".

Itziar Eguren, presidenta de Donostia Arraun Lagunak tamén expresou a súa felicidade pola acción de CaixaBank: "Para un club coma nós, que as fotos das nosas campioas estea no centro de San Sebastián é unha grande honra. Estamos moi, moi, moi contentas". Eguren dalle aínda máis importancia ao campionato ao ser a primeira Liga Euskotren con oito participantes, "había unha gran expectación para ver como se desenvolvía e a verdade é que ser campioas nesta primeira liga de oito dá un extra".

Eguren coincide con Cuadrado en que foi unha liga moi competida e engade "vese que os equipos comezaron de verdade a ofrecer a forza e o esforzo que lles corresponde tamén aos equipos femininos".

A remeira Ania Pérez fai fincapé no sacrificio que simboliza estaren representadas na oficina da rúa Urbieta: "Isto indica que fixemos un sacrificio enorme, é unha mostra do noso logro e é unha honra termos gañado e todo o que isto simboliza".

Pérez finaliza a dicir que se prepararán "a fondo" para poderen "loitar até conseguilo todo" o vindeiro ano.

Pósteres nas oficinas de CaixaBank de Donostia e Bermeo
Os e as afeccionadas poden adquirir os pósteres de Arraun Lagunak de xeito gratuíto na oficina situada na rua Urbieta nº 32 de San Sebastián. Mentres que na oficina Prantzisko Deuna Atea Plaza de Bermeo, poderán apañar o dos campións da Bou Bizkaia.
 

Voltar