ACT TV 2014
CLUBS
02 Abr 2014
"O gañador deste ano sairá da quenda de honra do ano pasado"
Jon Salsamendi, técnico da 'Bou Bizkaia', apunta que logrou manter o bloque do ano pasado completando un equipo "con moitos contrastes"
Urdaibai Umpro Avia afronta unha nova tempada na que logrou manter a grande parte da tripulación, recuperando inclusive remeiros de moita experiencia que anos atrás xa pasaron pola entidade bermeotarra como é o caso de Jon Elortegi 'Txapas' ou Javi Polo. "Teño un equipo con contrastes no que hai madurez e xente nova a partes iguais. O que vexo e que me gusta moito é que todos teñen ese espírito inconformista de querer mellorar cada día e en cada adestramento dano todo por se superar", explica Jon Salsamendi, preparador da 'Bou Bizkaia'.
De cara á presente campaña sinala que "o importante no inicio da Liga San Miguel será gañar regatas e non se agobiar moito coa posición. E despois a propia consecución das xornadas porá a cada quen no seu sitio". Á hora de analizar ao resto de equipos, salienta que "dos equipos que o ano pasado estiveron na quenda de honra sairá o gañador desta Liga San Miguel".