Novas 2016

COMPETICION

17 Ago 2016

O líder abre as portas da súa casa

O líder abre as portas da súa casa

A Liga San Miguel chega a Hondarribia para pór en xogo a décimo cuarta xornada da temporada

Este fin de semana a batalla pola Coroa CaixaBank visitará a casa do líder para desputar a décimo cuarta xornada coa Hondarribiko XXIX. Bandeira - GP Mapfre que se porá en xogo o sábado a partir das 17.30 horas. Esta regata desputarase nun campo de regateo de tres millas náuticas, de catro longos e tres ceavogas, coas balizas interiores situadas frente ao sempre abarrotado espigón de Hondarribia.

Como todas as xornadas desputadas nos sábados, a composición das quendas farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel. Polo tanto, a primeira quenda estará composta por Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia. Na segunda estarán Cabo, Astillero, Orio Babyauto e Tirán Pereira. Mentres que na quenda de honra, San Juan Iberdrola, Kaiku Producha, Urdaibai Avia e a embarcación local de NT2 Hondarribia

A presentación da Hondarribiko XXVIII. Bandeira - GP Mapfre celebrouse este mediodía no Concello de Hondarribia. O acto estivo presidido por Txomin Sagarzazu, aldalde de Hondarribia; Javier Lopetegui, representante de Mapfre; e Joxemi Elduayen, presidente de NT2 Hondarribia.

Voltar