ACT TV 2014

ESPECIAL

05 Mar 2014

O Mediterráneo voltará ser o punto de saída da Liga San Miguel

O Mediterráneo voltará ser o punto de saída da Liga San Miguel

O vindeiro 29 de xuño Barcelona será de novo testemuña do arranque da máxima competición de traíñas coa disputa da II Bandeira Euskadi-Basque Country

O éxito na estrea o ano pasado da Liga San Miguel en augas do Mediterráneo levou a que o vindeiro 29 de Juño a competición de traíñas desembarque de novo en Barcelona, para disputar a II Bandeira Euskadi-Basque Country. O retorno a estas augas é posíbel grazas ao acordo entre a Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) e o Departamento de Desenvolvemento Económico e Competitividade do Goberno Vasco, co obxectivo de continuar promocionando Euskadi como destino turístico. Reforzarase a experiencia vivida o ano pasado voltando levar a oferta turística vasca a un mercado preferente como Catalunya. Nesta ocasión ademais, as accións promocionais ligadas a este evento desenvolveranse durante máis días e non só en Barcelona, tamén en Girona.

A competición dará o bandeirazo oficial de saída á luita pola “Coroa La Caixa” e até a Cidade Condal desprazaranse as 12 mellores traíñas do momento para pugnar pola bandeira que o ano pasado logrou levar para a casa a embarcación biscaína de Urdaibai Umpro Avia, e na que tanto deportistas como afeccionados desfrutaron dunha fin de semana na que se combinou o deporte, a cultura e a promoción turística de Euskadi. Cómpre sinalar tamén que a esta cita se sumou outro apoio importante, o Ajuntament de Barcelona. Na casa consistorial barcelonesa ficaron entusiasmados coa chegada o pasado verán da Liga San Miguel ás súas augas e este ano quixeron apostar pola súa volta.

Esta primeira xornada da Liga San Miguel, que terá o mesmo campo de regatas que o ano pasado con saída/chegada xunto ao Hotel Vela e coas balizas exteriores situadas na Plajta de Sant Sebastià, volverá de novo a ser retransmitida en directo por televisión e desprazará até alí a caravana habitual que segue á competición durante todo o verán. “Continuamos coa mesma liña de arrancar fóra do noso ámbito xeográfico en pro de ampliar a difusión de nosa Liga. O poder repetir a experiencia do ano pasado en Barcelona é algo que nos fai moita ilusión”, explica Pedro Andueza, presidente da ACT. “Trátase dunha cidade referente a nivel mundial en moitos aspectos e que, entre outras cousas, acolleu os eventos deportivos máis importantes, incluídos os Xogos Olímpicos. É por isto que dende aqui me gustaría agradecer a grande axuda do Goberno Vasco e do Ajuntament de Barcelona, xa que sen eles este inicio sería inviábel”, conclue Andueza. 

Voltar