Novas 2016
ESPECIAL
19 Ago 2016
O Prognóstico de Iker Gimeno
Iker Gimeno, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, é o encargado de realizar o prognóstico da semana
A semana pasada, o remeiro de Orio Babyauto, Unai Lizarralde, reventou o record de acertos que impuxeran Zunbeltz, Anxo e Iparra, e colocouse como novo líder da competición. Porén, Iker Gimeno, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, será quen realice o prognóstico da IV Bandeira CaixaBank que se porá en xogo na súa cidade natal, en Castro Urdiales. Aínda que o reto de superar os nove acertos de Unai é complicado, Iker tratará esta semana de se impór neste concurso que vén da man das achicorias El Chimbo, La Niña, El Árbol e Leroux.
Logrará facer esta fazaña?