Novas 2021

ESPECIAL

01 Out 2021

O que Lojo non ve 2021

O que Lojo non ve 2021

Chega o vídeo de tomas falsas desta tempada na Liga Eusko Label e Liga Euskotren

Máis un ano, chega a hora do resumo da tempada máis agardado polos remeiros, remeiras e os seguidores e seguidoras da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. A tempada xa rematou, e despois de analizarmos o material grabado ao longo do verán da actuación de cada un dos equipos participantes, elaboramos un resumo cos recursos que foron desbotados. Así, compilamos unha achega moito máis alegre e despreocupada da competición.

Esta tempada, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren deixáronnos 20 xornadas de auténtico espectáculo, sendo a fotofinish determinante en varias xornadas. Fóra do campo de regatas, as 20 xornadas tamén deron momentos simpáticos, risos e tomas falsas que recompilamos nesta nova edición de “O que Lojo non ve”.

Voltar